Cóntovos!
teño o pracer de colaborar
nunha iniciativa da Asociación de Comerciantes Distrito Oza para
dinamizar o noso
querido barrio.
Está a organizar dita asociación
o “I Concurso de Dibujo Infantil de Halloween” máis unha festiña
familiar para finais de mes coa
mostra de todos os debuxos na entrada do Forum .
Ademais
de colaborar con eles o aporte do tallerdepolo son DOUS VALES por dous meses de clases cada un para os
gañadores do concurso, e máis premios super chulos!!
Gañadores seremos todxs se imos dando pasos para reconciliar a vida do barrio con unha vida acolledora e digna para todas as persoas que o habitamos. Para empezar a dar pasos, se coñecedes nenxs de 6 a 12 anos anímaos a participar, sabendo que o mellor de debuxar é ese momento en que abrimos as portas á imaxinación e deixamos que as liñas camiñen libres representando realidades e soños de maneiras singulares, únicas ;) Elixiranse entre as persoas participantes tres traballos para ser premiados porque non podemos (aínda) premiar a todas, pero si podemos admirar e desfrutar a imaxinación e beleza dos debuxos nunha mostra dos traballos na entrada do Forum do 26 ao 31 de Outubro. Si que gañamos todxs :)
É un pracer que conten co tallerdepolo dende a Asociación de Comerciantes de Oza e poder aportar á veciñanza de Os Castros un pouquiño da ilusión que pode transmitir o debuxo e a pintura. Todxs temos a certeza do que implica un barrio vivo, cheo de comercios e movemento onde poder atopar o que precisamos e establecer relacións que van máis alá do puro acto de mercar.
Anímovos a participar e oxalá teña o pracer de coñecerte en persoa porque vas desfrutar dese vale de clases por dous meses ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario