venres, 10 de xuño de 2022

Participacion no "Laboratorio Escóitasme?" na Fundación Seoane

Fun convidada en Maio a participar no “Laboratorio Escóitasme?” Da Fundación Luis Seoane para propoñerlles un reto a un grupo de mozas e mozos a partir do visionado dalgunha das miñas obras. O laboratorio Escóitasme comezou durante a pandemia e, un numeroso grupo de familias atoparon nel un momento de diversión e achegamento ao arte dende a distancia e seguen aínda facendo esta proposta pero de maneira presencial. Trátase dunha idea de Fermín Blanco creador do Sistema Lupo e que conta con numerosas intervencións didácticas e de educación artística en museos, colexios, e diferentes contextos. 


Elixín para este grupo realizar un reto en papel, mediante o colaxe, un reto no que mesturamos o pasado e o presente a través das imaxes, mirando a importancia que o pasado, o noso pasado ten na nosa construción identitaria tanto individual como colectiva e como podemos revisar e re-escribir a nosa historia  a través das imaxes; ofrecéndonos novas oportunidades para vernos distintas. 

 


 

 

 Mostreilles varias das miñas obras pero vouvos compartir aquí dúas; un acrílico no que incorporo tamén o colaxe ao mesturar papeis e fotografía. E un colaxe que realicei recentemente para unha publicación de Aselafem (Asociación de Estudos Laborais Feminista) Receitas de vida, Economía Feminista.  E móstrovos imaxes de como foi tomado o reto e dos resultados. 

 



 











 Moitas gracias á Fundación Seoane e a sua directora Silvia Longueira por pensar en min para este exercicio tan interesante nunha compañía tan agradable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario