En marzo comecei a dar un Curso de pintura ao óleo en Oleiros!
Se vives en Oleiros ou preto, estou a dar un curso de pintura para o concello nunha antiga escola que habilitaron para impartir disciplinas artísticas: pintura, escultura, traballos manuais, etc.
Este taller está pensado para que
calquera persoa adulta poida desfrutar da pintura e aprender ou
perfeccionar a súa técnica de óleo. Pero teñas un nivel máis avanzado ou
esta sexa a primeira vez que colles un pincel, é importante coñecer
como coidar o material para que dure máis tempo. Por iso, nas clases
vemos como usalo, como conservar os pinceis e como empregar as pinturas
para que lle saques o máximo rendemento posible.
Pero non te preocupes, que non esquecemos a técnica!
Aínda que en cada un dos 3 grupos haxa un aforo máximo de 12 persoas,
intento personalizar as clases o máximo posible para que todo o mundo
avance ao seu ritmo. Porén, independentemente do que saiba cada persoa,
nas aulas vemos o volume, as sombras e a súa cor, a cor e a súa harmonía
e tamén a composición. Para que aprendas, ou reforces, as bases da
plástica e as poidas incorporar ao teu aprendizaxe de óleo.
Se algo podo destacar destes grupos é o bo ambiente que se xerou en tan pouco tempo. Empezamos o curso en marzo e desde o inicio houbo un clima cómodo, de compañeirismo, de crear comunidade e facer grupo con todas as persoas. Porque a aprendizaxe que se fai en grupo sempre é da que máis aprendemos, non cres?
Así que se che apetece unirte, en xuño quedarán algunhas prazas libres e eu estarei encantada de iniciarte na aventura de pintar ao óleo. O curso durará ata finais de xuño e podes anotarte desde o departamento de cultura do concello de Oleiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario