sábado, 23 de abril de 2022

Presentación da publicación Receitas de vida

 


 Ilustramos un libro!

As compañeiras de @aselafem publicamos «Receitas de vida», un libro no que reflexionamos sobre a #economíafeminista e que #ilustramos en grupo desde o #tallerdepolo para visibilizar a relación que temos as mulleres coa economía. Porque a comunicación, ademais de difundirse a través das palabras, tamén se difunde a través das imaxes.

Pero como se ilustra un libro en grupo?

Nós fixémolo a través de xogos que permitisen a participación de todas as persoas e que favorezan a colaboración entre elas para que o proceso creativo sexa realmente conxunto. E para iso empregamos a #colaxe , que é unha técnica artística que pode desenvolver calquera persoa, aínda que non teña coñecementos artísticos previos.

Nesta técnica empréganse recortes de revistas, xornais ou mesmo de publicidade para crear unha composición completamente distinta con estes elementos. E, precisamente, o feito de ser unha técnica na que reciclamos #imaxes para crearmos outras novas permítenos revisar os estereotipos que nos rodean. Porque, a fin de contas, os medios de comunicación crean unha especie de «realidade burbulla» ao priorizar un modelo de representación e deixar fóra outros.

Así que, se quedaches coa gana de saber máis sobre este libro e quen participamos na súa creación, tanto con palabras como con ilustracións, o día 30 de abril presentarémolo no @laboratorioescenicocoop ás 19:00 horas xunto cunha exposición dalgunhas das colaxes.

O convite queda aí para todas as persoas que nos queiran acompañar e desfrutar dun anaco xuntas!

Desde o tallerdepolo quero agradecerlles a todas as participantes a súa colaboración na ilustración conxunta de «Receitas de vida» e a @aselafem por ter contado con nós para este fermoso e reivindicativo proxecto. Grazas, compañeiras!


Espero verte o sábado e compartir un tempiño contigo,

lembra confirmar a túa asistencia escribindo a aselafem@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario