Vas a rescatar ese heroe ou heroína que levas dentro para trasladalo ao papel en forma de superhéroe de cómic, vai ser fácil, xa verás :)
Imos ver diferentes heroes e heroínas de cómic e buscaremos eses estereotipos que lles dan vida. Pero hai moitos súper-heroes e súper-heroínas distintos , que rompen con esas etiquetas, coñécelos?
Porque todas as persoas temos súper poderes, cales son os teus? Exploraremos esas construcións tanto na estética coma nas súas habilidades máxicas para transformarnos nós en súper heroínas e súper heroes no papel.
Revisaremos personaxes de cómic para inspirarnos e ver como enfocar os nosos debuxos. Traballaremos co lapis, rotus e recursos sinxelos para definir a personalidade do súper heroe/heroína que queremos representar, dándolle todos os detalles e a forza que precise.
Imos sorprendernos do fácil que é transformarse en Super Ser!!! ;)
Será no Ágora , o venres 18 de Xuño, ás sete da tarde. Lembra que as inscricións se abren o luns anterior, o 14 de xuño. Obradoiro gratuíto dentro do programa de ocio saúdable para a mocidade ( de 12 a 30 anos) do Concello de A Coruña, Nocturnia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario