sábado, 23 de maio de 2020

proceso creativo de barrio, a pílula roxa

Algunhas de vós xa coñecestes o Ponllearte 2019, foi unha experiencia marabillosa. Este ano queremos repetir experiencia porque pensamos, tanto Son Mosteiro (Ocupacións significativas) coma min, que é perfecto para o momento actual; para aportar dende a creatividade e as artes, rexenerando o tecido comercial do barrio, poñendo en relación, de maneira positiva, veciñanza de distintas idades e diversidades, expresando e reflexionando sobre o acontecido e o que esta por vir.

Queremos ofrecervos para este verán: Ponllearte! 2020; un espazo de reflexión, sanación e, sobre todo, para dar visibilidade ao tecido de negocios locais que enriquecen o día a día do barrio. Facelo a través da arte e a creatividade poñendo en contacto a un grupo de mozas e mozos con este tecido comercial, con persoas maiores e veciñanza en xeral. Colabora e participa para levar adiante esta conexión ilusionante!

Un equipo de mozas e mozos sacará adiante un fanzine -que exprese o barrio, o momento actual e como encarar o futuro, isto en conexión con diferentes axentes da cidade. Participa con nós neste proceso creativo, facendo comunidade, tecendo rede e soñando futuros dende Os Castros.



A mocidade non só é o futuro, é o presente, temos a responsabilidade de ofrecerlle alimento saudable, de xerar estimulo e ilusión para que sigan medrando e soñando dende a exploración e coñecemento da realidade que nos toca vivir.

Espalla esta mensaxe, axúdanos difundindo o proxecto nas túas redes e ilo construíndo amodo e sólido; un aporte para facer barrio entre todas!

Se tes unha idea, queres colaborar ou participar escribe a ponllearte@gmail.com

Esperámoste! Séguenos en: 

Ponllerarte.blogspot.com

@ponllearte  instagram e Facebook

#ponllearte


Imaxes da edición piloto 2019, na que contamos coa colaboración de Bichocleta, Tienda Mab e By Carmina de Os Castros e cun pequeno gran grupo de artistas, súper motivadxs e con moitas ganas de traballar e crear. Aventura chea de maxia, intensidade e aprendizaxes. 

Tamén agradecer o aporte da nosa fotografa favorita Carlota Ramudo Mendez fotografía.








tps://www.facebook.com/ocupacions.significativas/

https://es-es.facebook.com/somososcastros/

http://www.tiendamab.com/

https://www.facebook.com/Bichocleta/


https://es-es.facebook.com/carlota.mendez.353




Ningún comentario:

Publicar un comentario