venres, 21 de febreiro de 2020

Taller de acuarela Xaneiro- febreiro 2020


Deixamos atrás un obradoiro máis de acuarela, no que o alumnado se iniciou nesta técnica, descubrindo as súas moitas posibilidades e collendo confianza para traballar soas sen medos. Dende facer amizade coa auga (e entre nos) e os imprevisto que xorden traballando sobre o papel húmido, conseguir texturas e transparencias e ir acadando seguridade e ganas de probar e experimentar.  Parabéns ao alumnado polos seus progresos!! 
 Compártovos imaxes, aínda que algunhas están en proceso, sen acabar,.. pero son tan lindas :) 
Lembrade que en Marzo volvemos empezar con un novo obradoiro, reservade pronto a vosa praza :)





 




 Rematamos con unha visita a exposicion de Xulio Garcia Rivas, na galería coruñesa Monty4; Tintas e acuarelas esta ata finais de marzo, animades a visitala.






En marzo os días 9-16-23 e 30 temos nova cita coa acuarela, se queres introducirte neste mundo e dar espazo as túas habilidades, sacando toda esa creatividade que levas dentro este pode ser o primeiro paso. Tes toda a info na pestana do blog PRÓXIMOS TALLERES e calquera información que precises contacta con polotallerdepolo@gmail.com  :)


Ningún comentario:

Publicar un comentario