O
pasado sábado abrimos o taller a un obradoiro dinamizado por Paula
Cabaleiro que nos trouxo o final do outono en forma de coroas de
Nadal; Paula axudounos a crear unhas fermosas e decorativas coroas a partir
de elementos naturais. Un obradoiro para todas as idades, ideal para
compartir un tempo ledo e creativo coas crianzas ou con amigas/os.
Foi unha xornada alegre, chea de sorpresas en forma de sementes e beleza que a natureza nos ofrece. Empezando a tempada de Nadal con
creatividade e sensibilidade.
Gracias
a Paula polo seu bo facer e gracias as persoas que vos apuntastes a
este día
diferente, fermosa
xornada!
https://www.facebook.com/paula.cabaleiro.1
Estade atentxs aos próximos obradoiros!
Para peques e tamén para maiores. Invernarte, para peques os días 26 e 27 de Decembro pola mañá e Invernarte maiores o luns 30 pola tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario