luns, 9 de decembro de 2019

Dinamizando con arte as xornadas Enraizarte


O pasado sábado 30 de Novembro estivemos no Centro cívico de Monte Alto , da man de Zocamiñoca Soc. Coop. Galega e con Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas dinamizando un espazo de conciliación para peques mediante a arte plástica. Propuxemos un obradoiro no que que pensar: "o que desexamos e o que necesitamos" coa axuda de moitos folletos de publicidade recollidos ao longo de semanas, re-utilizamos tamén caixas de embalaxes varias que nos serviron para formar unha instalación alí mesmo. 
 Pois non che é tan fácil separar as necesidades dos desexos e viceversa ;) 
 
Creación dunha obra colectiva que se irá construindo entre as persoas participantes. Partindo de caixinhas de cartón e folletos publicitarios (recollidos previamente estes materiais do lixo) cada persoa traballará plasticamente sobre o que quere(o que desexa consumir ou posuír) e noutra caixa/espazo seguirá a traballar sobre o que necesita (reflexión sobre o imprescindible e importante para a sua vida). Empregaremos colaxe e pintura, aportando cada persoa en función da sua idade e implicación. O espazo de traballo irase ocupando por estas creacións poñendo en tensión-relación ámbalas dúas propostas.





 
Moi boa experiencia no marco das xornadas Enraizarte sobre consumo responsable para celebrar os 10 anos de Zocaminhoca, unha cooperativa de consumo de produtos ecolóxicos -traballa con productorxs locais-, dende un posicionamento de responsabilidade que, si fora maioritario, faría mudar este mundo. Gracinhas por confiar no taller e nas artes!
 https://www.zocaminhoca.org/
 https://espazo.coop/





Ningún comentario:

Publicar un comentario