sábado, 31 de agosto de 2019

Ponlle Arte ao barrio!


O barrio é onde transcorre a vida cotiá e debería ser un lugar seguro e estimulante para todas as persoas que o habitan... o barrio somos nós e nós facemos o barrio. Sonsoles Mosteiro (Ocupacións significativas) e tallerdepolo deseñamos e levamos á practica un obradoiro piloto pensado para fortalecer o tecido de barrio: ofrecendo un rol diferente á mocidade (de 10 a 19 anos) , poñéndoa en relación co comercio local e empregando as Artes Plásticas como linguaxe de creación e comunicación. Nesta nova experiencia destacar o entusiasmo das mozas e mozos implicados, dos negocios do barrio colaboradores que conectaron inmediatamente coa idea e a nosa visión, coas posibilidades que ofrecen dinámicas de este tipo. 




De maneira resumida contarvos que o obradoiro consiste en poñer en contacto comerciantes locais (con algunha necesidade estética ou de deseño), con un equipo de adolescentes dispostos a realizar un proceso creativo na busca de solucións e propostas para esas necesidades. Embarcándonos todas/todos nunha aventura onde o tempo foi un factor determinante no ritmo e “saboreo” da experiencia: animamos ás participantes a facer horas “extras” totalmente voluntarias e, para a nosa sorpresa, todas se presentaron ilusionadas a avanzar no traballo que tiñamos por diante. O cal nos mostrou que situalos nese rol de "profesionais-persoas que solucionan e crean ideas" é enriquecedor, estimulante e divertido. Outra dimensión do proxecto foi ofrecer formación e diversión no tempo de verán, no mes de agosto, enriquecer ese “tempo morto” con traballo interesante, estimulante que nos pon en relación coa vida profesional. 

 https://es-es.facebook.com/somososcastros/
 http://www.tiendamab.com/
 https://www.facebook.com/Bichocleta/






 

Foi un proxecto complexo, onde estar atentas ao trato, vínculos do grupo, comunicacións cos colaboradores, ritmo e tempos de execución, busca de materiais, información, probas de materiais e técnicas, ... realmente intensa cada xornada e, levar adiante os procesos creativos en marcha, de maneira positiva, cos aportes de todxs, sen certezas nos resultados, ... resultou unha excelente experiencia de aprendizaxe para as responsables do proceso. Todo un reto. Compartido coa colaboración dos comerciantes do barrio: Tienda Mab juegos y libros, Cafeteria By Carmina e a tenda-taller de bicis Bichocleta






Visita de Carlota Ramudo Mendez, que nos mostrou a súa presentación de traballo final para a Escola de Artes P. Picasso na modalidade de Fotografía, vimos formas de presentación e como levar adiante un proxecto creativo a través da mirada dunha moza nova. 
https://es-es.facebook.com/carlota.mendez.353


 
Compártovos aquí algunhas imaxes do día a día do proxecto e, ao final imaxes da presentación de todo este traballo , o traballo da mocidade participante e a proposta de Ocupacións significativas e tallerdepolo nesta aventura. 

 Historieta para a Bichocleta  



  carta para By Carmina 



                                                      
                                                                          Etiquetas para a Bichocleta



                                           Mural pintado no interior da Bichocleta




 Fotografías da celebración final a cargo de Carlota Ramudo Mendez: 
















Ningún comentario:

Publicar un comentario