lembrarvos
que a partir do 17 de setembro empezamos un novo curso, pasiño a
pasiño medrando unha fermosa comunidade creativa nos Castros;
persoas inquietas en continua construción.
Contáctanos
se queres información dos cursos , se tes dúbidas ou queres facer
unha proposta... na pestana do blog QUE E O TALLERDEPOLO? tes
horarios e mais info de actividades, etc.
Nas
clases de óleo e acrílico podes aprender dende cero a pintar,
mellorar a túa técnica ou experimentar outras posibilidades. Por
suposto; explorar a túa creatividade e deseñar traballos persoais en
función dos teus obxectivos. Os obxectivos poden ser moi diversos e
incluso, poden ir mudando a medida que vaia avanzando o curso ... é
unha aventura por explorar!
Tamén
temos grupos
adicados a explorar a nosa creatividade e diferentes técnicas
plásticas, mellorar e “xogar” co debuxo e ganar confianza nas
nosas capacidades. E, por suposto, os venres están adicados xs mais
peques , xs
futuros creadores de arte, imaxes, audiovisual, moda, artesanía,
cultura, ciencia,.... o noso futuro.
E para outubro empezaremos un grupo de acuarela, vai anotando datas e reservando a túa praza, esperámoste!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario