Quedou
a abstracción de Judith Godwin para o final de veranearte maiores,
coa danza de Martha Graham posta en relación cos nosos corpos e coa
pintura... unha tarde máxica! Contamos coa colaboración de Ánxela
Blanco(danza)
que nos
conectou cos nosos corpos e logo moita pintura e a danzar cos
pinceis! A predisposición do grupo a experimentar e xogar como
peques foi incrible, unha xornada marabillosa que penso nos deixou a
todas conectadas coa vida dende o máis
positivo.
https://anxelablanco.org/
https://anxelablanco.org/
Romper
bloqueos, permitirse xogar e experimentar, achegarse a distintas
artistas e formas de facer arte ... e conectar con outras dimensións
das nosas
vidas/do noso ser... estar no momento e sentir a creatividade aflorar.
gracias as participantes neste primeiro veranearte maiores pola confianza e a sinceridade ao longo do taller e , sobre todo, pola vosa xenerosidade... desvestindo capas do ser para convertelas en formas e trazos... unha aperta a todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario