Despedida
do noso taller de acuarela, coa promesa de repetir pronto... asi
que, reservade datas para o próximo outono que retomaremos camiño
acuarelero :)
Os
obxectivos foron desfrutar, aprender a manexar a acuarela, perder
medos e xerar un bo ambiente de encontro e aprendizaxe, a partir de
cero coñecementos do material e/ou coñecementos de artes plásticas
nalgunhas das asistentes.
Participar todas e enchernos de enerxía
positiva, vendo que as artes plásticas están ao alcance de todxs
nós; son unha ferramenta para descubrirnos, observar o mundo, xogar
coa cor, ... compartir en positivo con outras persoas os nosos
descubrimentos e aprendizaxes. O máis importante perder os medos,
deixar a auga fluír e confiar no azar e a incerteza como
posibilidade creativa e como variable nas nosas vidas.
A visita de Carlota (alumna do taller dende ben pequena, e creativa sen limites), tróuxonos unhas fotos marabillosas que nos comparte como exercicio na súa aprendizaxe de fotógrafa. Unha moza marabillosa que nos sorprende día a día!
polaroid de despedida: súper alumnas! moitas gracias !
Ningún comentario:
Publicar un comentario