domingo, 13 de maio de 2018

Taller para peques Verán é Arte





Este Xullo 2018 temos nova sesión de Verán é Arte, obradoiro infantil no estilo do tallerdepolo, achegándonos ás Artes Plásticas e á Historia da Arte dende a xeración dun espazo de crecemento artístico e persoal. Compartindo dende o barrio e co barrio a experiencia, tratando de ser-facernos conscientes das nosas aprendizaxes e das vivencias compartidas. Desta volta acompañarannos as integrantes do proxecto TocaMadera (reciclaxe e artesanía); con elas achegarémonos á sensibilidade pola natureza o coidado da vida natural e a reciclaxe.

 https://www.instagram.com/tocamaderagalega/
 https://www.facebook.com/tocamaderagalega/

 
Como nas edicións anteriores daremos importancia as sinerxías xeradas entre as participantes, ao desenvolvemento creativo individual e do grupo e ao seu enriquecemento en coñecementos artísticos e cultura visual, tan necesarias nunha época na que predomina a linguaxe visual como forma de comunicación/ propaganda/consumo/cultura, etc.

A nosa proposta é para os martes e xoves do mes de Xullo, en horario de 11:00 a 13:30 horas, para nenxs a partir de seis anos. O custe de todo o curso e de 65 euros/participante e se inclúen os materiais e pequena merenda (froita). 
 
Podes inscribirte en polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617293024








Ningún comentario:

Publicar un comentario