Maio ven cargado de seres humanos, complexos e variados...
Con Paula coñecemos Voo, a obra en proceso, de Ánxela Blanco, na Fundación Luis
Seoane: xeneroso compartir o proceso creativo da súa peza con
debuxantes da cidade que nos achegamos a desfrutar do Voo e
traballar duro nunha sesión intensa e fermosa, enmarcados nunha
residencia paraíso, colectivo rpm .
Recibimos
no taller a visita de Antonio, que nos introduciu nas novas masculinidades a
partir do libro The descent of man, do artista Greyson Perry,
único ceramista galardoado co
Premio Turner. Quedamos con
dúas mensaxes importantes, que hai varias formas de ser home e o
manifesto que nos deixa Greyson
Perry, os dereitos dos homes:
-dereito
a ser vulnerable
-dereito
a ser débil
-dereito
a cometer erros
-dereito
a ser intuitivo
-dereito
a non saber
-dereito
a dubidar
-dereito
a ser flexible
-dereito
a non ter vergoña do anterior.
https://www.nytimes.com/2017/05/23/books/review-descent-of-man-grayson-perry.html
https://www.youtube.com/watch?v=xClNKXM1pao
https://www.youtube.com/watch?v=xClNKXM1pao
Tamén
tivemos a visita de Mar Castro, que traballa como modelo profesional para artistas, escolas de arte, ... e veu
posar un anaco para nós.
Estudar un pouco de anatomía humana, parar e observar atentamente as
proporcións, o movemento do
corpo,...
Mar Castro : maaremagnum@gmail.com
Mar Castro : maaremagnum@gmail.com
e aínda queda maio por diante, que seguro nos depara mais sorpresas e humanos por coñecer ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario