O pasado venres
aprendemos a encadernar, a coser os nosos traballos para o caderno de
artista que tiñamos en marcha, e foi gracias á colaboración do
taller artesanal Toca Madera, un proxecto moi interesante que xunta
artesanía, cultura e coidado do medio ambiente/ reciclaxe.
As dúas
integrantes de Toca Madera mostráronnos o seu traballo,
aprendéronnos a encadernar, ensináronnos os materiais que utilizan para facer a súa artesanía e explicáronnos
a súa filosofía de traballo, que ten moito que ver co medio ambiente
e a reciclaxe xa que recuperan papeis e madeiras das caixas de froitas para facer fermosos cadernos, albumes, etc. nun interesante exercicio de re-invención e creatividade.
Agora que sabemos
facer uns cadernos chulísimos podemos preparar os nosos propios
cadernos para encher de debuxos, bosquexos, soños, propostas,
poesías ....
Agradecer a marabillosa visita do taller artesanal Toca Madera, moitas gracias por compartir con nós saberes e experiencia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario