Lembrades o noso
fanzine Pequeno Mundo? Pois o traballo feito polo alumnado máis
novo, a súa divulgación e venda en diferentes eventos como a
estupenda feira coruñesa de autoedición e banda deseñada Autobán, a Eira das Artes(na Fundacion Seoane)
ou a Feira Culturgal, en Pontevedra, deunos a posibilidade de facer
un achegamento á cerámica no taller Terralume. Gracias ao recadado
polo noso fanzine, co traballo e esforzo do alumnado creador,
deseñador, debuxante ... e vendedor, vivimos durante varias xornadas esta
experiencia de barro, engobes, arxilas de cores, ... e
sabedoría artesán. Só nos queda agora ver esas pezas saídas do
forno, ver a maxia da cerámica que transforma o barro e o traballo
das nosas mans en pezas únicas cheas de ledicia.
Coa compaña de
Susana e Carlos, medramos en Terralume como grupo, como persoas e
como artistas. A aventura continua coa cocción das pezas,
observación dos cambios de cor, textura, son, material, ... e a
montaxe das pezas, iso xa será nos Castros, no tallerdepolo.
O noso primeiro fanzine, Pequeno Mundo
http://terralume.es/
http://autoban-bd.tumblr.com/
http://culturgal.com/expositores/#
http://culturgal.com/expositores/#
Ningún comentario:
Publicar un comentario