Se
desexas explorar a pintura ao óleo, ou a pintura con acrílico, e
darlle vida ás túas creacións, no taller temos varios grupos de
aprendizaxe onde cada alumna/o segue un camiño personalizado, en
función dos seus intereses, momento vital, motivacións, ... etc.
Sempre promovendo a creatividade e o xogo coa imaxinación.
Achegarse ás artes dende distintos lugares; un camiño sen fin con
moitas estacións de partida.
O pasado
xaneiro, foi mes de comezo de traballos, novos proxectos pra afrontar cheos de
optimismo, para avanzar os meses que están por vir.
Vemos
aquí traballos en proceso ou na primeira man que irán
evolucionando ao longo das próximas semanas.
Podedes seguirlles a pista no noso Instagram
https://www.instagram.com/polo_tallerdepolo/
Gerarda, M Carmen e Pili avanzan en traballos que requiren e tempo e paciencia...
Pepita reproduce un cadro coñecido, sabes cal?
Natalia divertíndose co seu can ;)
Lino experimentando co retrato, en proceso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario