domingo, 12 de novembro de 2017

Obradoiro de Iniciacion Experimentacion Acuarela



Como algunhas sabedes, levo xa anos facendo acuarelas que son recunchos ou detalles de viaxes, dos barrios da cidade coruñesa.... desfruto moito con esta técnica e tiven ocasión de compartir a miña experiencia mediante un obradoiro exprés . 



 
O sábado 11 de novembro desfrutamos dunha deliciosa tarde en Plano Pementa impartindo un curso de tres horas de Iniciación-Exploración do mundo da Acuarela. Achegámonos á acuarela dende a liberdade de experimentar e xogar coa auga de maneira divertida, coñecendo diferentes materiais e trucos que nos animen a seguir facendo desta técnica unha das nosas ferramentas de expresión.



Esta é unha técnica que ten moitas vantaxes; fácil de empregar en espazos pequenos, no exterior ou en movemento; boa para apuntes rápidos, para persoas que queiran empregar materiais mais naturais sen olor, transparente e luminosa, ... 

 
Durante a tarde coñecemos o traballo húmido sobre húmido, húmido sobre seco, varias formas de reservas, recuperar brancos, facer texturas... e perdelo medo a experimentar e xogar cos materiais xa que o medo, dende a miña opinión é un gran bloqueador da aprendizaxe. Aínda que a acuarela se presenta como unha técnica complexa de aprender e usar ten unha dimensión de azar, sorpresa e non-control que podemos incorporar tanto na aprendizaxe como no acabado das nosas obras/traballos; igual que na vida hai algunha parte incontrolable por nós, que podemos asumir como parte da experiencia e dotala de novos significados.
Dar as gracias a Ángeles Díaz pola sua invitación e hospitalidade asi como ao grupo participante pola sua atención e enerxía motivadora. Un pracer mozas! 

 













 como vedes unha tarde chea de cor!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario