Esta
findesemana estaremos en Pontevedra na Culturgal. No espazo do
tallerdepolo ao longo dos tres días de feira ofrecémosche
información sobre o noso traballo, creacións propias como o Fanzine
Pequeno Mundo, acuarelas e cadernos orixinais, e temos
programados varios micro-talleres, anótate e reserva un ratiño
para participar.
VENRES
1D, Á TARDE
Obradoiro
“ApeixeríaBotana” (a partir das 17 horas,
dispoñible ata esgotar materiais) para maiores de cinco anos.
O
pintor do mar, Carlos Botana, descríbenos o mundo mariño cheo de
detalles, puntos, liñas, ondas,
movementos, escamas, mirar-aberto, encontro-de-especies, ...
aprendemos de el , do seu estilo e do seu ollar para recrear nós
tamén un peixe dos que habitan as augas galegas. O entendemento das
formas, a observación e o gusto por compoñelas no espazo do papel,
dando vida a un novo peixe nun contexto creado por ti.
SÁBADO
2D, Á TARDE
“GYOTAKU-micro”
(as 17 horas, ata esgotar materiais) monotipo de estampaxe oriental
que se realiza con peixes. A partir de cinco anos.
Os
peixes deixan a súa pegada de tinta sobre o papel de arroz, mentres
ti acaricias a súa anatomía e te apropias do seu corpo, da
pegada... o Gyotaku é unha técnica oriental de estampaxe creada
antes do nacemento da fotografía para acreditar as historias de
pesca.
DOMINGO
3D, ao longo do día.
“micro-colaxes”
ao longo do día
ofrecémoste obradoiros de colaxe: a partir de imaxes de
revistas, pinturas,
verbas,... recortar, re-interpretar e pegar. Unha
sesión de mañá (de
doce a dúas)
e pola tarde a partir das
cinco ata as sete. Podes
facer o micro-colaxe en familias.
“Cort.arte”
obradoiro no que
re-interpretarás
obras de coñecidos pintores para crear algo novo, que nos faga
pensar/sorprendernos, a partir de cinco anos.
“Cor.tempo”
obradoiro para adultos no que dialogar co paso do tempo, estruturas
creadas para o cotiá, o paso dos días...
http://culturgal.com/expositores/
Esperámoste
co fanzine Pequeno Mundo, info sobre o tallerdepolo e as nosas
actividades, acuarelas orixinais con recunchos de Galicia, cadernos
de Reciclarte, ...
Visítanos
e comparte con nós
esta experiencia, comparte algún momento micro-taller ou unha
conversa con calma...
Ningún comentario:
Publicar un comentario