xoves, 5 de outubro de 2017

Bye bye setembro!



Tivemos este mes a marabillosa visita de Blanca, que nos deixou entrever a sua persoal ollada sobre o mundo.... segurxs de que volveremos a vela pronto polo taller. 


Seguimos a voltas cos tres peixes que se atopan... e que son máis ou menos conscientes de onde están:  onde nadan... nós revisando esa consciencia semana a semana... E ademais, creando xuntxs unha deusa/ser que contén tódalas artes e tódolos saberes, creamos anaquinhos que unimos e repasamos as artes que coñecemos, artistas, técnicas... o que podamos/queramos poñer en relación con este ser máxico.


                                                                    Carlota e a auga


                                                                    Paula e  a auga


                                                                   Tani e a auga 



 sobre a deusa:  condensa as artes e os saberes e nos representa...




Lola e Sandra ocupanse dos brazos...

 Lucho e Cloe das mans, múltiples e variadas...
 Angel e Xoel tenhen a importante tarefa de dar forma aos pes, deciden pintalos con barro... terra


Dani decide crear o pelo... denso e complexo, como raíces do cerebro :) 
Anton e Alan traballan na mirada ... inacabada queda ese ser deusa; como todxs nós en proceso constante de construción




Ningún comentario:

Publicar un comentario