martes, 3 de outubro de 2017

a modo que che hai moito camiño por diante...




pois a modiño imos comenzando camiño ...  nun recorrido que se presenta cheo de interesantes recunchos e oportunidades... como tódolos cursos: moito por pintar, moito por aprender... e moito por compartir con compañeiras e compañeiros diversos, distintos nas maneiras de entender este mundo; aprendices os uns dos outros/das outras.

O abacate como aprendizaxe de sombras, volúmenes, cor... un dos primeiros cadros de Natalia
 ( oleo en proceso) 


Pam traballando duro... sorpresas  :)


 os bodegons de Pilar C. , en proceso ... case están


Tamén, para empezar o curso, estivemos en Pontevedra, colaborando xunto con Candela Rajal no proxecto de educación e artes Plano Pementa, ofrecendo un obradoiro para a xente máis nova: ilustrando e creando contos. 










 A Pontevedra pensando voltar pronto ... :)  xa contaremos, claro que si.
 
"La larga istoria" está por escribir e nós somos actores e, por suposto, guionistas e deseñadores da acción (polo menos da parte que dependa de nós)
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario