De cando en vez saímos de visita a
coñecer museos, historia e historias... coñecernos máis e desfrutar dun
día de festa e descanso en grupo. Desta volta coñecemos "a cidade dos
nenos" galega, premiada polo seu urbanismo respectuoso dos peóns, das
persoas que nos movemos a pé, das persoas máis cativiñas, as que teñen
mobilidade limitada e de todas en xeral.... Un día súper caloroso fomos
escoller(trinta e pico grados), aínda así a excursión foi moi fermosa e
tranquila, con moita información recollida sobre a cidade e unha visita
ao Museo Provincial que conta con obras ben interesantes.
Un momento que se me quedou gravado
foi na entrada á sala de Arte Antiga a cara de Angel (de cinco anos) ao
ver un santo en madeira policromada de arredor dun metro cincuenta
"acribillado" por varias frechas, con todo luxo de detalles; sangue,
feridas, expresión de sufrimento... deume moito que pensar... nin se me
ocorrería censurar a entrada ós museos ou censurar as obras que se
expoñen... pensei no acostumados que estamos á violencia, incluso dende o
ámbito relixioso; damos por feito esa dor e esas torturas como algo que
forma parte do cotiá... non sei se me explico... o que me turbou foi
esa inocencia estragada-sorprendida por ese golpe de violencia e dor, e que non se nos ocorrera -aos adultos- prever esa posibilidade ...
Aquí quedan xogando, xogando e descubrindo o mundo... un mundo coas súas luces e sombras...
Ningún comentario:
Publicar un comentario