As artistas coruñesas Angeles D.
Seoane, Nuria Mosqueira (taller de Arte Plano Pementa) e Polo
(tallerdepolo) propoñen a conexión de dous barrios da cidade a
través das artes. O 17 de Maio ao longo da tarde realizamos unha
acción artística na que se implicou e animou a participar aos
habitantes dos barrios de Os Castros e Catro Camiños, recollendo
pedazos das historias das súas vidas pra que deran froito nas catro
árbores que conformaron un circuito entre ámbolos dous barrios.
A partir das cinco da tarde e ata as
oito da noite propuxemos ás persoas que se quixeran achegar a estas
árbores, conectarse a través das artes coa veciñanza e co barrio.
Realizamos un circuito de barrio a barrio recollendo textos, anacos
de historias e creando as participantes outras novas.
Os talleres Plano Pementa e
tallerdepolo, propuxemos así unha posta en valor das artes e das
capacidades creativas dos habitantes da Coruña, dinamizando os
barrios e poñéndoos en relación. Todo isto nun día tan importante
como é o Dia das Letras Galegas, ensalzando a literatura e a lingua,
vehiculos de entendemento e construcción cultural.
Graciñas por participar, por
compartir tempo, ilusión e vida... un pracer compartir iniciativa
con Plano Pementa, un espazo moi recomendable e necesario na cidade.
fotos de Plano Pementa:
INSTRUCCIONS
Pensa
na túa vida. A túa vida é unha historia, conformada de distintos
momentos e anécdotas con posibles comezos e posibles finais…
Toma
unha cartolina e escribe o comezo, ou un dos comezos, da historia que
é a túa vida.
Escribe
só o comezo, deixa que outras arbores continúen a historia...
Unha
vez escrito so tes que deixala colgada da Arbore dos Comezos, e
formará parte dunha nova historia.
Lembrarche
que hai unha Arbore dos Comezos(Os Castros), unha Arbore dos Finais
(Fernandez Latorre) e dúas Arbores das Historias (Fábrica de
Tabacos e comezo da Gaiteira).
Podes
facer o percorrido tecendo novas historias, a partir das sete da
tarde podes ir recollendo os anacos de comezo/historia/historia e
final conformando así unha nova aventura.
http://www.planopementa.com/
https://www.facebook.com/planopementa/?fref=ts
https://www.facebook.com/taller.depolo
Ningún comentario:
Publicar un comentario