Os
mércores estivemos pintando flores, coincidiu que Africa, Chus,
Manolo e Pili GV elixiron pintar flores a un tempo... e a clase
florida :)
Como
vedes cada unha-un no seu estilo e co seu gusto ben diferente, aí
está a marabilla do asunto: cadaquén ten as súas motivacións e os
seus gustos e hai que levalos adiante e desfrutar co proceso...
Pili GV remata os detalles dunha obra ben linda e delicada
Manolo pinta as flores do seu xardín ;) sempre dende a súa mirada persoal
Chus F. remata estes xeranios floridos que quedaron moi lindos e coloridos :)
Que virá despois destas flores? que elixirán pintar estas persoas inquietas e curiosas? Esa é unha sorpresa que irei descubrindo estes días e logo, co paso das semanas, irei desvelando nalgunha nova entrada neste blogue ;)
Para min é un agasallo ilos coñecendo a poucos, a través de esas decisións; de ese gusto ou inclinación cara unhas cores, uns temas,... un misterio propio das clases de pintura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario