Nesta semana coincidiron dúas feiras na
cidade coruñesa, as dúas vinculadas coa Eira das Artes. A primeira tivo
lugar con motivo do 8 de marzo, onde fomos invitadas (as artesáns que
formamos parte da Eira das Artes máis outras artesáns e mulleres con
proxectos feministas) a participar nunha feira chamada "Feira de
Creadoras e Artesás"; fantástico escaparate e punto de encontro ao redor
da Fábrica de Tabacos, acompañadas de música
(Habelas Hainas), moteiras, performance, danza... nun ambiente de festa
e encontro nun espazo que aínda está por descubrir para eventos e
actividades varias.
Outro espazo aínda por aproveitar é a Fundación Seoane onde se realizou a I Eira das Artes ( a semente primeira e previa foi este Nadal na chamada Feira de Inverno).
"A Eira das Artes somos un grupo de mentes e mans inquedas que traballan na Coruña e arredores. Agora decidímonos a organizar en común este mercado para amorasar as nosas creacións, coñecernos, coñecervos... un proxecto que nace dende a ilusión e a complicidade de moitxs creadores."
Teremos ocasións de ir coñecendo máis e seguir a pista a este proxecto xestionado polxs propias artesás, que inclúe obradoiros, poxas, música... e a saber que sorpresiñas nos prepararán en próximas edicións :)
https://www.facebook.com/Eira-das-Artes-331140630615262/?fref=tshttps://www.coruna.es/portal/es/ayuntamiento/noticias/detalle-noticias/el-ayuntamiento-celebra-el-8-de-marzo-con-una-invitacion-abierta-a-la-ciudadania-para-participar/suceso/1453616008131
Ningún comentario:
Publicar un comentario