martes, 21 de febreiro de 2017

intimo acontecer dos dias...



Este blogue é un espazo para mostrar os nosos traballos e actividades máis hai un montón de novas e cousas que contar no día a día do taller... pero van quedando na intimidade da semana, no intimo acontecer dos días das vidas... algunhas son novas moi tristes, outras curiosidades ou ledicias e sorpresas do ir medrando. Compártense na esfera do ti a ti; no “modo presencial” do cotiá... algúns dos nosos traballos saen ao mundo a través desta fiestra máxica, que aproveitamos para achegarnos a vós e intercambiar tamén no “modo virtual” parte do noso facer e ser... ;)




buscar o xeito de empezar... un camiño máis que tomar...temos moito por facer ;)


as lindas rosas de Gerarda






os valados de polo ;)




a fermosa fiestra de Loly




Victoria sempre pinta mil cores ;) cheos de ledicias






 Fina estará sempre presente , pintando ao noso carón






Manolo pintando beizos! :) 




a rosa-abano de Pili G.V.! :)






Ningún comentario:

Publicar un comentario