Vouvos contar un pouco sobre as mulleres creadoras e mestras que compartiron espazo e complicidade durante o Taller Aberto no ano que acabamos de deixar pasar... contareivos sobre as que tiñan traballos expostos pero a maiores, pasaron polo espazo outras persoas cómplices, artistas e creativxs deixando pegada; opinións, impresións... posibles enredos... un saúdo a todas as persoas que vos achegáchedes coñecidas, e non tanto, cheas de curiosidade, ideas e optimismos...
Vou cun orden alfabético:
ALI VAVÁ (Alicia Vazquez)
https://www.facebook.com/people/Ali-Vava/100011864689587
"A aventura comeza indo polas praias en busca de tesoros que o mar deposita nas orillas,despois toca lavado e durante un tempo deben estar ó exterior para que sequen, cando a madeira está preparada, toca quitarlles a corteza e lixado para, a continuación, inyectarlles e darlles unhas brochas de líquidos antitermitas e anticarcomas, ali estarán tamén un tempo nunhas bolsas herméticas.
E por fin, o desexado momento, toca deixarse levar e comezar a crear e escoitar o que cada pao, raiz, tronco, pedra... me intenta transmitir, é o meo propio espello, a madeira é conexión ca terra, é un elemento da natureza extraordinariamente máxico e de sanación.
Toca rematalo cun barniz, e dependendo se vai a estar no exterior ou interior utilizase un determinado.
Traballar ca madeira e a pedra produce un estado que che leva a un lindo crecimento espiritual"
ANGELES DÍAZ SEOANE
"TALLA
M
Libro
de artista, 2013 (16x11x2,50 cm)técnica mixta
Hay
dos tipos de gente en el camino, la gente que se va y la gente que
circula.
Los
primeros se dividen en dos partes y, en vez de pesar menos, pesan
más.
El
resto, cada vez más ligeros, van dejando algo de sí en cada parada.
Pero
siempre está el agujero, ese hueco, ese vacío que dejan en el otro.
Porque siempre hablamos del que se marcha, pero nadie pregunta por
los que se quedan.
El
viaje, como cualquier proceso, consta de dos partes. Del antes y del
mientras.
Por
el contrario, al igual que en el luto, el que se queda, el que
espera, consta de tres."
Ángeles
Díaz Seoane, nada na Coruña en 1989, achegouse ó mundo artístico
dende a perspectiva de poder contar historias. Licenciada en Belas
Artes pola Universidade de Vigo, traballou en diferentes proxectos
educativos en varias galerías como Savvy Contemporary en Berlín ou
October Gallery en Londres.
De
volta en Galicia, decide derivar esas historias cara a ilustración
en obxectos e adicarse por completo á educación artística
conformando, xunto con Nuria Mosqueira o proxecto Plano Pementa.
Ángeles
Díaz Seoane
www.cargocollective.com/a_d_seoane
www.axouxeresechisqueiros.com
www.planopementa.com
ANXELA BLANCO
"Olivia
necesita verán
é
unha peza de danza-teatro para rúa, e outros espacios non
convencionáis, afectada previamente polo espacio onde se representa
e despois polo público. Por iso ten un marcado caracter
performativo, por iso é unha performance que parte desas linguaxes.
Pouco
ten que ver, na forma ou resultado, a primeira presentación feita no
Festival corpo(a)terra, ca proposta feita na fête da Rue Pasteur en
Saint Ouen, aquela na Mostra Internacional de Cangas, a do ciclo 2º
Andar de NORMAL, ou a do día da danza 2014 na Coruña. A duración é
por tanto previsible pero non certa, ronda os corenta minutos (ainda
que se fixo de vinte e de cincuenta). E unha obra que pode disfrutar
todo público, mesmo se non foi pensada para infantil."
Tomando
como base a ximnasia deportiva, á maneira autodidacta acadou unha
formación escénica multidisciplinar en Francia e España.
Especializada en danza contemporánea e creación, achégase tamén
ás disciplinas de teatro físico, clown e acrobacias. Aprende de
mestres como Ana Beatriz Pérez, David Zambrano, Marta Carrasco, Ana
Vallés, Hisako Korikawa, Daniel Abreu ou Blandine Calais-Germain.
Traballa, á parte das súas tarefas de investigación e creación en
solitario (“Descarriadas”, “Alumbramento”…), con compañías
como Fredi & Cía, Elefante Elegante ou Entremans. Ten impartido
clases de danza na Aula de Cultura da Universidade da Coruña e na AC
Manicómicos, talleres infantis en diferentes museos e entidades
culturais e recibido becas de formación artística e internacional
(CNAC centre national des arts du cirque de france, estudi Anna
Maleras) e como artísta residente (Centro Coreográfico Galego,
Fundación Luis Seoane, Manicómicos e NORMAL). No último ano
traballa como actriz na serie “Os Bolechas”, en proxectos de
cultura e cooperación nos campamentos de refuxiadas Saharauis, e
como bailarina no Musical “Galicia Canibal” coreografiado por
Mónica García.
http://www.tea-tron.com/olivianecesita/blog/
IRIA FAFIÁN
“Mi
serie de ilustraciones 'La niña y los cuervos' ha sido
seleccionada en el certamen Iberoamérica Ilustra 2016 y aparecerá
en el catálogo de este año! “
Esta
serie de ilustraciones aparecerá en el VII cCatálogo Iberoamericano
de Ilustración, promovido por la Fundación SM, El Ilustradero y la
Feria Internacional del Libro de Guadalajara (México).
Consta
de 4 ilustraciones hechas con grafito, cera y lápices de color,
donde se narra una historia en la que la protagonista entra en
contacto con unos cuervos de una manera muy especial.
http://iriafafian.blogspot.com.es/
LOLA TOURÓN Cestería Viva
“A
cestería é a nai do tecido. Foi sempre unha arte funcional,
elaborada con materiais recollidos directamente da Natureza,
respectando sempre os ciclos. É unha arte sinxela que tal vez por
iso foi reducida a oficio sen gloria Con todo, en Galicia somos
privilexiados, pois a nosa cultura cesteira está aínda viva e
reiventándose grazas a artesás como Lola
Tourón e Cestería
viva.”
"Lola
Tourón
naceu
en Carqueixeda (Samos), no seo dunha familia de labregos
autosuficiente, en que se traballaba no tear e na fragua, e se
procesaban a la e o liño. Ela enchoupouse da cultura tradicional
para atopar a súa paixón: desde hai 16 anos dedícase á cestería,
facendo un labor de investigacion que aplica posteriormente aos
obradoiros que imparte, e innovando na aplicacion destas técnicas e
materias en novos campos do seu traballo.
Ten
participado en intercambios con profesionais doutros países, coma
Dinamarca, Polonia, Alemania, Francia, Marrocos e, recentemente,
Brasil. O seu desexo é que a cestería se manteña viva e siga
acompañando á evolucion da humanidade. E abofé que, co seu empeño,
vai conseguilo."
http://cesteriaviva.blogspot.com.es/
LUCÍA MEDINA ReciclArte
Lucía
Medina leva anos facendo artesanía; fiadeira, papel
reciclado,tecendo, facendo cerámica... ata chegar un punto no que
crea ReciclArte unha forma de dar a coñecer todas estas maneiras de
facer xunto coas súas implicacións no activismo galego (Baladre,
feminismos,Cova da Terra,...)
Participa
en Asociacións de Fiadeiras en Lugo e na recién creada Asociación
de artesáns As Espigadoras.
ReciclArte
http://reciclartetallerdepolo.blogspot.com.es/
Reciclando
e creando papel para facer distintos obxectos (libretas, sobres,...)
con ilustracións e debuxos deseñados por tallerdepolo. Xogando con
lanas para crear luvas, xoguetes... xogando con pintura... e a última
incorporación ao mundo ReciclArte son uns libros-contos moi
especiais onde se mestura un conto con mensaxe de recuperación dos
oficios con elementos da artesanía tradicional galega.
MARIOLA MOURELO Ffotoeduca
“Sou
nada na Corunha, no bairro da Agra, e lá morei a maior parte da
minha infância e adolescência, ainda que de coração sou do Vale
de Lôuçara, nas montanhas do concelho de Samos, como toda a minha
família. Tenho por ele esse sentimento que é, como dizia Manuel
Maria, ‘uma espinha que se che crava no coração”
Mariola
Mourelo Perez é titulada pola Universidade de Gales, Newport cunha
licenciatura en Fotografía Documental e pola Universidade de
Londres, Instituto de Educación cun posgrau en Educación Artística
no Ensino Secundario.
Traballou en diferentes escolas de secundaria en Londres durante dous anos e realizou traballo voluntario en Brasil e Camboia ensinando a persoas adultas e crianzas.
Traballou en diferentes escolas de secundaria en Londres durante dous anos e realizou traballo voluntario en Brasil e Camboia ensinando a persoas adultas e crianzas.
Artista
feminista implicada no cambio e na transformación social no
territorio galego; participa en colectivos e movementos feministas da
cidade e en proxectos transformadores como Zocamiñoca ou Proxecto
Cárcere.
Implicada
na creación de Revirada, revista feminista de recente
chegada ao panorama informativo e cultural do territorio galego.
http://fotoeducagaliza.blogspot.com.es/
http://reviradafeminista.com/
NURIA MOSQUEIRA
“CINERE”
(vídeo, 3:16 min, 2015)
A
peza “Cinere” sitúanos na oleada de incendios que aconteceu en
Galicia no 2015. Desde unha mirada poética, contrapón a lembranza e
o imaxinado co real, co desastre, para falar do horizonte, da
destrución da natureza e do desexo.
Un
fragmento que, coma paisaxe, quixemos contemplar, pintar, pero que
desembocou en cinza.
Nuria
Mosqueira, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca,
vive e traballa actualmente na súa cidade natal, A Coruña, onde
forma parte do espazo creativo Plano Pementa.
Antes
de embarcarse neste proxecto educativo, estudou o Máster en
Investigación en Arte e Creación da UCM e o Máster Universitario
en Profesorado na UDC. Como artista plástica traballa con distintos
medios, principalmente pintura, fotografía e vídeo, e foi
seleccionada en diversos certames como Inner Nature Exhibition
(2015), SeAlquila Público (2015, Madrid), o Certame Xuventude Crea
2014 ou o XIV Certamen Jóvenes creadores Salamanca 2013, entre
outros. Así mesmo participou en distintas exposicións en cidades
como A Coruña, Santiago de Compostela, Salamanca, Atenas, ou Madrid.
PLANO
PEMENTA
Rúa
Castiñeiras de Abaixo, no1 - planopementa@gmail.com
Plano
pementa é un proxecto educativo baseado na educación artística.
Busca achegar a arte como ferramenta a todo tipo de público a través
dunha aprendizaxe aberta na que partimos do proceso e da experiencia
como algo persoal que podemos compartir.
Dende
este punto, organizamos e impartimos obradoiros de diferentes
disciplinas, sempre cun punto común no feito artístico que
empregamos como clave nas nosas propostas educativas.
https://www.youtube.com/watch?v=GVgrMkkYMTM http://www.planopementa.com/
POLO tallerdepolo
neste blog ides coñecendo "entrada a entrada" un pouco de Polo e outro pouco de tallerdepolo
http://poloepolo.tumblr.com/
SABELA IGLESIAS Illa Bufarda
“Pensar,
facer a fotografía e que o disparo veña de volta. Se iso sucede,
valeu a pena. Con imaxes en tódalas súas formas selecciono, xunto,
recorto ou misturo para expresar, mirando máis aló do marco do
encadre e furando un a un os megapíxeles. Interésanme as miradas, a
percepción e os imaxinarios. Pode que o meu obxectivo non sexa o
máis grande. Non o quero. Se o disparo vén de volta, que tronce. Se
o disparo vén de volta, que remova.”
Colaboradora
na revista
de arte Caleidoscópica,
caleidoscopica.gal
“Cheguei
a
Illa
Bufarda
despois de vagar na Licenciatura de Comunicación Audiovisual (USC) e
traballar cunha bolsa nun xornal galego como fotoxornalista. Sabedora
das miñas inquietudes, embarco nun máster da escola Elisava de
Barcelona, alí profundizo na fotografía fixa, a imaxe dixital e
tamén o deseño audiovisual. Co mediterráneo atrás e de novo dende
Galicia, céntrome nos proxectos persoais tanto audiovisuais como
fotográficos
e traballo como creativa audiovisual para unha compañía irlandesa
de turismo. Máis tarde, entre fotografías e renders comezo a
traballar no Clúster Libro de Galicia, colaborando coa xestión e a
comunicación da entidade.”
A
Escola
da Illa
Bufarda
nace coa vontade de fomentar a creatividade
e educar a mirada,
axudando a crear espectadores/as críticos/as. Ofrecemos
obradoiros para tódalas
idades
sempre enfocados dende as nosas áreas de traballo (o audiovisual, a
animación e a fotografía...) tendo como eixo principal un tema
cultural ou social.
Nos máis pequenos/as conxugamos o coñecemento cultural coa experimentación cos mecanismos e os procesos creativos da mensaxe audiovisual, tan omnipresente na actualidade. Traballamos dende idades temperás a conciencia crítica cos clichés mediáticos aos que se teñen que enfrontar no día a día: a mensaxe publicitaria, os estereotipos televisivos, o tratamento da información...
Confiamos no poder do proceso creativo audiovisual como un traballo para o crecemento persoal e o empoderamento de grupos de persoas con capacidades diversas ou problemáticas de integración social. Cremos, e así o demostramos, que o audiovisual é unha forma eficaz de expresar problemas e historias que doutro xeito están invisibilizadas.
Dende a Escola da Illa achegamos o funcionamento do noso medio a colectivos, grupos de traballo, individuais, profesorado... para que entendan o audiovisual como unha ferramenta con moitas potencialidades na sociedade, como unha forma para preservar, difundir e comunicar a través dunha linguaxe accesible e chea de recursos creativos.
http://sabeire.tumblr.com/
SUSANA GONZALEZ AMADO Terralume cerámica
Susana
ao longo destes vinte anos de experiencia profesional leva dado
numerosos obradoiros; tanto a público infantil como adultos,
ceramistas e outros profesionais das artes tamén no eido da escola
formal; Xefa do Departamento de Cerámica do instituto de Ensinanza
Secundaria “Isaac Díaz Pardo” de Sada (A Coruña).
Recoñecida
experta no mundo da cerámica asesora á Consellería de Educación
da Xunta de Galicia no establecemento do DESEÑO CURRICULAR do Ciclo
Formativo “Operacións de Fabricación de Productos Cerámicos,
”Asesoramento para a documentación e dotación do“Centro de
Interpretación da Arxila”en Visantoña-Mesía.
Membro
do xurado do “VII Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas”que
organiza a Deputación de A Coruña, Membro do Xurado do “Premio
Artesanía de Galicia”que organiza a Fundación Centro Galego da
Artesanía e do Deseño.
Coordinadora
do Comité Organizador do “XIV Congreso Anual de la Asociación de
Ceramología”, ó que tamén pertencen Luciano García Alén e
Josefa Rey. Organizacíon da Feira da Olería e Cerámica
contemporánea Galicia-Portugal Oenach Atlantico.
Elexida
como representante dos artesáns pola provincia da Coruña na
Comisión Galega de Artesanía da Xunta.
Ademais
da súa labor docente realiza as súas pezas cerámicas no taller
Terralume, encargos cerámicos
para
edificios singulares (Norman
Foster), colaboracións con artistas contemporáneas
como Patricia Esquivias e
sempre activa na divulgación da cerámica e as súas
potencialidades; como
o proxecto divulgativo Made in Coruña ou
achegar o proxecto educativo Semente(Área
de Empleo y Economía Social del Servicio Municipal de Empleo)
á artesanía implicando a distintos artesáns da cidade na
participación e divulgación de varios oficios.
http://terralume.es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario