O
clima este ano alongou o verán tanto que aínda vestimos de
camiseta, está a resultar un comezo de clases do máis veraniego.
Tamén apetece volver ás rutinas e iniciar traballos-actividades que
duren no tempo, que nos permitan etapa tras etapa ir acadando
resultados moi gratificantes, como pasa co óleo. No
taller empezamos varios este mes, tamén acuarelas e @s máis
pequenxs están xogando coas cores: un comezo de camiño ou camiños
por diante.
E, por último, recomendarvos unha visita a Sada, onde un grupo de artistas denominado La Pera, nos ofrece unha exposición dos seus traballos na Casa da Cultura Pintor LLorens. É este un colectivo flexible e, nesta primeira exposición poderedes ver traballos dalgúns dos integrantes: Magaly, by Monty, Vicente Roura, Ramiro, Mamengs e polo.
A Casa da Cultura está situada en pleno paseo marítimo de Sada, así que vos ofrezo unha boa escusa para pasear ao lado do mar, gozar deste sol que aínda nos acompaña e ver unhas obras que seguro vos gustarán :)
http://www.concellodesada.com/es/agenda/exposicion-colectiva-colectivo-la-pera-
Ningún comentario:
Publicar un comentario