Aproveitando
os recursos que temos a man: en primeiro lugar que hai días de clase
en que asiste pouco alumnado, xa sexa polo cambio de estación ou
polas vacacións escolares ..., en segundo lugar, aproveitar que non
chove e, en terceiro lugar, esta pequena cidade permite desprazarnos
camiñando ou no transporte público, no mesmo barrio ou a outros
barrios de maneira bastante rápida.
Así
que improvisamos unha saída á galería de arte “Arte e Imagen”,
a visitar unha linda exposición de Manuel Sierra; unha expo sinxela
e chea de cor, ideal para a rapazada. Foi un pracer compartir máis
dunha hora debuxando, observando os fermosos cadros e charlando coas
responsables da galería, que animaron ás rapazas a seguir
achegándose as artes como unha maneira de medrar como persoas e como
sociedade.
http://www.galeriarteimagen.es/
E aqui temos reproducidos cachiños de obra de Manuel Sierra dende a mirada de Diana, Jime e Gabi
A
invitación queda aqui aberta a todxs; achegarnos ás artes dende
tantos e bos recursos que temos cerca !
Tamén este mes fixen unha visita ao colexio Labaca, a explicar ao alumnado máis pequeno o oficio de artista plástico/pintora. Pedíronme un improvisado debuxo; que nerviooooos !
http://4anoslabaca.blogspot.com.es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario