inmersas no curso van saíndo os traballos de óleo, que como sabedes son laboriosos e lentos xa que precisan o seu secado e "os seus tempos".
Algúns destes fermosos e tan detallados óleos levan varios meses cociñándose, pintando semana a semana, a os poucos, e con moita paciencia. Como estes cadros de Lino e Concha, froito de moito empeño ;) parabéns artistas!!
Tamén Pili GV rematou o seu traballo, decorando con moito amor os cuartos de novas personiñas que chegan a este mundo, cheo de cor :)
esta "semente" quedou pendente, pero agora agroma con forza e se espalla polo mundo... máis cor aínda ;) parabéns Olga!!
Jime nos sorprende con este acrílico tan fermoso e inspirador, parabéns!!
e estas dúas obriñas están en proceso... sementes tamén que seguro veredes máis adiante!! bosquexos de Pili C. e cadro en proceso de Lino... aí van a toda vela!!!
Como vedes é para estar fachendosa con estes artistas tan teimudos pra avanzar e acadar as súas metas!!
Entre pincelada e pincelada fixemos unha escapada para ver o traballo de Daniel Remeseiro en directo, na sala de exposicións do Colexio de Médicos, onde disfrutamos moito cas súas fábulas e traballos en madeira. Visitádea se tedes ocasión!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario