venres, 22 de xaneiro de 2016

cebolas, capítulo 1


da viaxe a terras holandesas traio un saquiño de cebolas de tulipán e xa é hora de plantalas... aproveito ese material para xogar co alumnado; xogar a plantar, a imaxinar o que vai medrar... xogar coa ilusión dese proxecto de vida que tardará meses en florecer... e ca incerteza do que vaia acontecer ... 


cada unha de nós planta a súa ceboliña; escolle a súa cebola, contacta coa terra, planta e rega... e logo soña ou imaxina calquera cousa que poda florecer a partir deste bulbo.


aquí vemos posibilidades imaxinadas, algunha aínda work in progress, e outras xa rematadas.

Interesantes traballos de Antón, Antonio, Candela, Carlota, Gabi e Jime.  Que os disfrutedes!!!
 
















A idea é seguir aproveitando en próximos capítulos este medrar das cebolas, coa incerteza e as posibilidades abertas a calquera idea que nos poidan inspirar... mentres coidar estas plantiñas con moito amor...

Ningún comentario:

Publicar un comentario