Aproveitando a visita de Lucía ReciclArte, pedinlle que me acompañara á clase do sábado e que fora a miña cómplice nun experimento, que pensei divertido para a rapazada. Axiña entraron todxs no xogo e empezaron a debuxar!
Antes falamos dalgunhas imaxes inspiradoras, retratos onde se nos mostran persoas en distintas poses e contextos que nos dan pistas sobre a posible personalidade dos retratadxs... vemos como as pintoras e pintores tratan de mostrarnos o que ven, coñecen ou imaxinan do interior da personaxe que posa.
Lucía permanece oculta nun recuncho (agradecer a Lucía a súa complicidade co asunto ;) e a través de preguntas podemos ir facéndonos unha idea de como é; tanto físicamente como dos seus intereses e gustos... e coñecela así un pouco máis. Facemos así o seu retrato sen vela, só escoitando as respostas ás nosas preguntas :)
A experiencia foi moi moi enriquecedora en moitas dimensións e a idea é repetila aproveitando a complicidade de amigas e amigos que estén dispostas a expoñerse ás preguntas e curiosidade das pintoras e pintores do taller ... "búscanse modelos ocultos"
Agora podedes facervos unha idea de como é Lucía ;) a partir dos retratos feitos:
Lucía "vista" por Xiana, Jimena, Lucas, Sara e Gabi
Xa vos imaxinades-coñecedes a Lucía??
Ningún comentario:
Publicar un comentario