Empezamos
novembro nun novo enderezo, mudamos de local e agora estamos na rúa
Monte das Moas, 17-baixo; seguimos no barrio dos Castros!
As
mudanzas son momentos intensos e complexos, sobre todo esgotadores e
iso faime complicado atender este blogue como quixera... pero non
quero deixar de agradecer tanta axuda e ánimo recibido do alumnado e
dxs amigxs do taller, da xente que por alí pasades e sempre(dunha
maneira ou doutra) estades rondando no vento creativo que nos move e
nos da vidiña, estades presentes.
Imaxes
dos traballos que van arrancando co novo curso e co novo local:
E primeira obra rematada neste novo niño onde criaremos obriñas e enredos varios cheos de boas enerxías...
mmmmmm unha marabilla da alta cociña!!
promete o curso!!! :))
Ningún comentario:
Publicar un comentario