xa son estes os últimos traballos que saen sobre o espazo, que foi o tema(temazo) do mes de abril. Buscamos o espazo no noso interior, nas nosas rutinas, no noso corpo, o espazo tridimensional en relación ao papel planiño... e da moito xogo este tema.
Os últimos xogos foron; despiezando o espazo plano de fotos e volvendo a recolocalas en planos verticais como un baixo relieve ou escultura dunha soa cara.
pelexaron co espazo: olga, marisé, moli e carlota.
Xogamos tamén a ser seres extra-grandes con capacidade para convertilo mundo-planeta en outra forma... correxindo (quen quixera) erros ou dificultades que xera a actual distribución do mesmo.
Modelaron o mundo; sáúl, marisé e inés... quedaron dous mundos a medias pendentes de rematar... como o mundo mesmo! tanto por facer ;)
e con estes lindos traballos recompoñendo mundos, compártovos esta imaxe feita para unha iniciativa da galeria magdalena con oxfam para chamar a atención sobre a desigualdade no mundo... desiguald-art
http://lagaleriademagdalena.com/
http://www.desigualdart.org/bases/
Ningún comentario:
Publicar un comentario