venres, 15 de maio de 2015

calas, cornos, alcatraces...


calas, cornos, alcatraces... e máis nomes que terán...
A partir dunhas calas, esas flores tan fermosas que podemos atopar en calquera leira galega, traballamos ca idea de luz e sombra. Fixémolo tamén empregando dúas cartolinas; unha negra e outra amarela. Con liberdade cada alumna optará por empregar as cartolinas como desexe e situar o noso modelo como mellor considere... tamén aproveitamos para fixarnos ben na maneira en que incide a luz nesta flor branca e como se escurece sutilmente o pétalo nas zonas sombreadas... se nos fixamos ben atoparemos luz na sombra.
















as bolboretas están de moda!  traballos de Pili GV e Carlota





a luz chegou cunha divertida visita! compañeirxs do Xuntoiro que se animaron a debuxar duro!  ;)  graciñas pola visita!
https://www.facebook.com/pages/Xuntoiro/816031408441045



Ningún comentario:

Publicar un comentario