martes, 30 de setembro de 2014

imos alá !!!!!!

de novo un curso máis!!!

novas aprendizaxes e vivencias... tratando de facer o día a día o mellor posible, dentro das nosas forzas e circunstancias, tan variadas e complexas ás veces.  Construímonos e construímos a nosa vida; facemos posible os nosos desexos con pasos que semellan cativos... pero atrevidos camiñamos...  invítovos a transitar dende a creatividade, perdendo algúns dos medos que nos paralizan...

HORARIO 2014-2015

podemos adaptalo/amplialo para facilitar a asistencia ás clases, así como suprimir grupos de non acadar un mínimo de participantes.
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
SÁBADO


10:30-12:30





11:00-14:00



posibilidade talleres
17:00-20:00
17:00-20:00
17:00-20:00
18:00-20:00
posibilidade talleres

Clases habituais de óleo, debuxo,... nas tardes do martes, mércores e xoves así como o mércores pola mañá.

Este curso invítovos a traballar de novo ca acuarela para o que programaremos un taller específico, tamén se vos animades poderemos traballar e achegarnos á figura humana e o retrato, apuntádevos para facer coincidir datas e horarios.
En decembro nos visitará María, alumna do taller dende nena, para falarnos da súa experiencia de estudios e aprendizaxe en Los Ángeles, na coñecida escola de animación Gnomon School ; http://www.gnomonschool.com/ recomendable escoitala sobre todo para aqueles que soñen adicarse ós variados mundos relacionados ca creatividade. 
 http://www.crtvg.es/tvg/programas/galegos-no-mundo (María nos ensina a escola a partir do minuto 40 aprox.)

En función das necesidades do alumnado é posible ter clases de anatomía con modelos
posando na clase, é preciso buscar un día e hora axeitado para as persoas interesadas.

E calquera suxestión de posibles aprendizaxes será benvida...
imos alá!!!!!!!!!!!!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario