As
protagonistas deste inverno; as ondas... o mar... o temporal tras
temporal. A semana pasada pensei; “ con este tempo o taller estará
baleiro...” para a miña sorpresa alumnas e alumnos viñeron as
súas clases tod@s ca mesma mensaxe para min; que se senten a gusto
co seu traballo creativo e tan motivados que nin a choiva nin o vento
os deteñen!
Para min ese é un marabilloso agasallo, graciñas.
Así
que, aquí estamos-estaremos polas tardes e algunha mañá,
competindo ca tele-e-co
sofá neste inverno duro
que a de pasar... cargados de luz e cores, dispostos a investigar,
reflexionar, experimentar e medrar en moitos aspectos... cantos máis
mellor!!
vémonos polo taller!
facendo experimentos-xogos cos sentidos |
a nova gama de cores de pili C. |
fantástico bosque de iñigo |
celebrando unha merendola de dous faaaantásticos que cumpren o mesmo dia !!! |
Ah! lembrade que empezamos de novo a estudar anatomia, con posados en directo... non desaproveitedes a ocasión de aprender e xogar cas posibilidades plásticas dos corpos. Taller libre para as alumn@s habituais do tallerdepolo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario