mércores, 8 de xaneiro de 2014

bodegón e retrato en tempo de nadal!


taller especial para nenas e nenos en tempo de Nadal!
Aproveitando o tempo libre co que contan no Nadal as máis pequenas e pequenos, argallamos un taller de doce horas no que abordamos os xéneros pictóricos bodegón e retrato.

Para elo miramos un pouco de historia da arte; vimos exemplos inspiradores, aburridos, curiosos, sorprendentes, coñecidos e descoñecidos, posibles e impensables ata ese momento por nos... e agora xa falados, reflexionados e analizados forman parte tamén da nosa historia.
Promovendo o debate, o intercambio de impresións, preguntas e curiosidades para ir fiando o que serían os futuros traballos a facer... abrindo as ganas de empezar a pintar sobre os cartóns e papeis en branco.

A maxia das artes permite conectar tódolos aspectos das nosas vidas; neste caso a alimentación ou a construción da nosa identidade, abordándoas dende unha linguaxe persoal e aberta, xogando e razoando cos elementos que máis nos enchan o ollo na procura da nosa mensaxe artística.
Aí vai unha mostra en fotos do acontecido:





























1 comentario: