Este
ritmo cíclico empezando a nosa actividade co outono e descansando
desta no verán invítanos a pensar no movemento e no paso do tempo;
e temos a sensación de ir en camiño... estamos no camiño...
seguimos camiñando na nosa inquietude artística ou nesa busca
persoal vinculada a unha linguaxe distinta da palabra.
Cada
persoa que se achega ó taller persegue obxectivos distintos: ás
veces nin se saben nin se sospeitan... outras están demasiado claros
e fan perder sorpresas e detalles agochados no camiño... as
posibilidades que se nos ofrecen a través da expresión e
aprendizaxe dunha actividade artística é tan infinita como
limitada: será a nosa actitude a que marcará límites. E son moitos
os medos, moitas as distraccións desta sociedade vertixinosa e cada
vez máis superficial, moita a competitividade e a crenza no útil e
práctico a curto prazo ... equipaxe pesada esta para unha
aprendizaxe chea de pracer, densidade, sabor, consistencia... que
xere cóxegas na nosa mente e no noso ser.
Así
que nos sacudiremos os medos e encheremos o corpo de enerxía e
curiosidade para a viaxe... unha viaxe de texturas, pinceladas,
cores, sensacións, riscos, bosquexos, vibracións...
Ningún comentario:
Publicar un comentario