domingo, 23 de agosto de 2026

MÁIS QUE UN CURSO DE DEBUXO

 Atención! O vindeiro curso os mércores pola tarde exploraremos toooodas (ou moitas:))) dimensións do debuxo nun completísimo curso que toca aspectos formais clásicos pero que tamén se “escapa” a camiños súper interesantes... para facelo máis completo adicaremos unha hora ao final da tarde á Fanzinería! A crear xuntas ou individualmente fanzines nos que dar conta dos nosos descubrimentos co debuxo ;)

Lembra! Os mércores de cinco a oito; intensivo de debuxo e fanzinería.

 

O debuxo ten moitísimas posibilidades e utilidades para todxs nós e, cada persoa pode descubrir e inventar usos axeitados aos seus gustos e ao seu momento de vida. Por suposto que o debuxo é fundamental nas artes plásticas e tamén é unha base estrutural de calquera proxecto vinculado ao deseño e artes visuais. Pero o debuxo está ligado profundamente ao desenvolvemento humano e ao pensamento; temos unha profunda conexión neuronal e cognoscitiva entre a visión do ollo, o cerebro e o camiño ata as mans.

Como non aproveitar esta conexión profunda e natural? Unha conexión coas nosas raíces, coa materialidade e a cultura que xeramos. 

 

 




Chamamos debuxo ao proceso que nos permite a representación de imaxes reais ou imaxinadas mediante a realización de marcas, liñas, nunha superficie. Empregamos a nosa imaxinación, a nosa visión (ou coñecemento do que nos rodea) e a plasmamos nun soporte.

No campo da arte, do deseño e a ilustración o debuxo é a base para comunicar ideas, bosquexar e anticipar todas as variables dun proxecto complexo. Pero incluso en tódolos outros ámbitos como o científico, social ou o persoal o debuxo ten cabida e pode axudarnos a visualizar e expresar unha parte de nós e das nosas ideas. Se necesitas información polo miudo escribe a polotallerdepolo@gmail.com ou resolve no tlf. 617 293 024

 

 


Se necesitas información polo miudo escribe a polotallerdepolo@gmail.com ou resolve no tlf. 617 293 024

 






mércores, 24 de xuño de 2026

VOLVEMOS O 15 DE SETEMBRO

 Atención! volvemos a clase a partir do 15 de setembro.

 Vai reservando o teu horario preferido:

Martes pola tarde; con Patricia Saavedra "Debuxo manga" de cinco a seis e media e para adultos "Modelado en arxila" de sete a nove. Abaixo máis info.

 

Mércores de 11:00 a 13:00 horas "Debuxo e pintura" (óleo, acrílico, carboncillo, lápis, collage, acuarela,...)  para adultos. 

Mércores de 17:00 a 19:00 horas "Debuxo e pintura con Polo ", para adultos. 

Xoves de 16:00 a 18:00 e, grupo de 18:00 a 20:00 horas  "Debuxo e pintura con Polo " para adultos. 

Venres pola tarde Pequeartistas con Julia Aguiar, de cinco anos en diante. 

Sábado pola mañá, todas as idades. 

En outubro dará comezo o Laboratoria, pero xa estamos quedando de maneira individual para conversar e ver que intereses nos moven para deseñar unha viaxe creativa de primeira. Contacta con Polo canto antes e vai reservando a túa cita. 

 

Toda a información que necesites chamando/ wasap ao Tlf. 617 293 024 ou no correo  polotallerdepolo@gmail.com.