venres, 27 de febreiro de 2026

MOSAICO DA MEMORIA no Concello de Miño

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo do 2026 o Concello de Miño apostou polo Mosaico da Memoria unha actividade artística participativa que pon en valor a historia das nosas mulleres referentes: avoas, nais, tías, mestras, amigas,... 

 


 Fotografíás de @edgardorosalesphotos

 

 Realizáronse un par de encontros e deixo por aquí algunhas fotografías do acontecido. 

Gracias a Catalina, Concelleira de Cultura pola confianza depositada na arte e nas artistas locais.  

 Os obradoiros levaronse adiante o venres seis de marzo no Centro Social de Callobre e no Centro Social de Ponte do Porco poñendo especial énfase en dar voz e visibilidade á muller labrega e á muller do rural. Con esta actividade que implica á veciñanza das parroquias e do concello compartimos a historia das nosas nais, avoas e tantas mulleres invisibles. 

O 8 de marzo fixemos exposición do Mosaico no Centro Social da Rúa, compartimos experiencia e dimos voz ás nosas mulleres referentes. 

No evento estiveron o alcalde do Concello e a Concelleira de Cultura así como as persoas participantes dos talleres e veciñanza. 



 


 



venres, 20 de febreiro de 2026

OBRADOIRO DE COLAXE SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

Con motivo do Día de Rosalía de Castro realizarei un taller de colaxe no que traballaremos ao redor da figura desta marabillosa poeta galega. Será da man do Concello de Miño, no Centro Social da Rúa, onde espero atoparnos o vindeiro luns 23 de febreiro. 

O taller é de balde e só tes que facer a inscrición previamente para que eu teña todo preparado da maneira máis xeitosa e fagamos os mellores colaxes sobre esta figura tan respetada. No cartel tes a información para anotarte, veña que estás a tempo. 

Vémonos en Miño!