O teu proceso de aprendizaxe será acompañado de maneira persoal nas clases e, a maiores, podes ampliar coñecementos ou resolver dúbidas a través de titorías individuais. Se estás pensando en adicarte a unha profesión creativa nós preparamoste para o examen de acceso a escolas de arte e a facer o teu portfolio. Temos un porcentaxe do 100% de aprobados no ingreso a escolas de arte (P. Picasso, Belas Artes, Gnomon School) e recomendamos preparse con antelación suficiente.
Este curso Polo, Julia Aguiar e Gisela ofrecémosche clases de luns a sábado en grupo ou titorías individuais. Chama ou escribe ao 617 293 024 e con gusto te atenderemos, tamén no email polotallerdepolo@gmail.com
En esta clase compartes o espazo con un grupo reducido de persoas; podéndose adicar cada unha a unha técnica distinta. Podes practicar o debuxo (grafito, carbón, rotuladores, etc) ou a pintura ( acrílica, acuarela, óleo ou técnicas mixtas). Podes facer colaxe ou experimentar con materiais como tinta, estampación sinxela, pastel, etc. Ofrecémosche un trato personalizado en un ambiente de comunidade realizando unha actividade creativa que favoreza o benestar e a mellora persoal.
Os prezos do tallerdepolo son:
Matrícula do curso= 20 euros.
Prezo da mensualidade= 53€ ao mes (dúas horas de clase semanais nun grupo e horario pre establecido). O prezo sen matrícula é de 56 euros ao mes.
Hai materias comúns para os períodos de experimentación técnica e en canto te decantes pola túa e empeces os teus proxectos nós te asesoramos para ir mercando o teu material de maneira axeitada ao teu nivel e peto.
> Se queres facer tres horas ao día o prezo é de 80 euros ao mes. Se queres vir catro horas á semana repartidas en dous días o prezo é de 95 euros/mes. Se pagas medio mes é 35 euros. Realiza o pago en metálico no taller na primeira semana e se non podes vir fai un bizum ou te facilito un número de conta para que fagas o ingreso.
Podes recuperar as clases ás que faltes xustificadamente, por causas de forza maior, non se recuperan os festivos e tampouco se pode recuperar nos meses que non aportes a cuota mensual.
Laboratorio creativo
(para mulleres a partir de 16 anos)
Que é? Trátase dun espazo que nos permite medrar como creadoras; dando impulso a proxectos artísticos ou creativos que xa tes en marcha ou facendo xurdir toda a imaxinación que tes dentro, sexas artista plástica ou non.
Naceu en 2020 como resposta a unha estudiante do tallerdepolo que planteaba: como puedo pintar algo que surja de dentro de mi y que no sea una copia? E vaia se o conseguiu!
Cada mes, xuntas no tallerdepolo, realizamos unha sesión de exercicios prácticos ou teóricos achegándonos ao mundo da arte contemporánea e rompendo esas barreiras que ás veces nos poñemos nós. Levamos tarefas personalizadas, para facer individualmente e seguir explorando pola nosa conta ata a seguinte sesión. Cada unha ao seu ritmo porque as circunstancias non son sempre as mesmas e nós tampouco. Recoméndoche facer unha mentoría persoal ao trimestre para reforzar o camiñar creativo, está incluída no prezo e realmente aporta estímulo e incentiva o progreso do teu proxecto.
Na práctica o laboratorio desenvólvese unha tarde de sábado ao mes (mínimo de 5 a 8) dende outubro ata xuño, ese mes final compartimos e abrimos ao público os nosos procesos como parte da aprendizaxe global. Os sábados previstos para este curso son todos os segundos sábados do mes excepto outubro( día 19) e abril (primeiro sábado). Podes recuperar asistindo a unha clase en grupo ou a unha titoría individual.
O prezo do laboratorio é de 60 euros ao mes se pagas as nove cuotas, sen ese compromiso o custe é de 75 euros mensuais. Tamén podes probar un trimestre. O pago mensual realízase en metálico o mesmo día do taller e se non podes vir faise un bizum ou te facilito un número de conta para que fagas o ingreso.
Recoméndoche que nos vexamos antes da primeira sesión (no taller ou videochamada) para marcar as expectativas e debuxar un pouco a ruta que desexas así como expresar as túas motivacións e poder así compañarte axeitadamente.
Se te resulta interesante esta proposta escribe a polotallerdepolo@gmail.com ou ao 617 293 024 para participar no vindeiro curso de laboratorio que empeza o sábado 19 de outubro as cinco.
Taller infantil:
Obradoiro en grupo reducido para peques a partir de cinco anos e ata doce no que fomentar a creatividade e a experimentación con distintos materiais nun ambiente lúdico. Liderado por Julia Aguiar @atelierconjulia é un espazo ideal para dar comezo ao fin de semana.
Clase de hora e media os venres ás cinco, os materiais están incluídos excepto un bloc A3 que aporta cada peque. Podes matricularte para reservar praza e os 20 euros se te descontan no primeiro mes que asistas. Tamén podes vir a clases soltas solicitando con suficiente antelación.
O prezo da mensualidade é de 48 euros, días soltos 15 euros.
O grupo de taller infantil empeza en Outubro e continúa os venres ata finais de Xuño.
Realiza una consulta sen compromiso para establecer unha ruta de exercicios e pensar como dar solución á túa problemática. É importante establecer con tempo a cita -ou citas- e así poder preparar convenientemente o material, recursos e exercicios máis axeitados pra que logres os teus obxectivos. É a forma máis personalizada e efectiva de gañar confianza nas túas habilidades e proceso creativo.
Ao longo do curso ofrecerémosche talleres de un día ou polo verán e nadal, poden ser infantís ou para todos os públicos con descontos especiais para o alumnado do tallerdepolo. Tamén faremos visitas a exposición na nosa cidade e cidades do redor moi recomendables para coñecer persoas con intereses culturais similares e aprender de arte de maneira lúdica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario