Na nosa oferta de clases contarás coa guía dun equipo, liderado por Polo, con unha formación ampla e variada pero sobre todo con moita experiencia e motivación.
O tallerdepolo suma a Julia e Gisela para ofrecervos un curso cheo de ilusión, move o dedo ou o cursor cara abaixo e coñecenos ás tres un pouco máis :
Dende o ano 2000 que remato estudos de Volume na EASD P. Picasso desenvolvo unha faceta de mestra de artes plásticas no tallerdepolo sumando cerca de seis mil horas de docencia a alumnado de diferentes idades e intereses.
Formei estudantes para o acceso a Universidades de Belas Artes de Madrid, Valencia, Gnomon School of VFX Games &Animation e EASD P Picasso e que actualmente traballan no eido artístico.
Con toda esta experiencia acumulada vou dando forma dende 2019 ao Laboratorio creativo
acompañando a un grupo de mulleres nun proceso de empoderamento persoal a través da exploración artística . Particularmente durante as restricións pola pandemia realizamos actividades virtuais, e axiña presenciais, nas que potenciamos de maneira importante a resiliencia, o traballo colaborativo e a actividade artística como forma de benestar.
Nos
anos 2022 -2023 participei como tallerista na Escola de Benestar e
Apoderamento do Concello de A Coruña. Realizando nos últimos
anos traballos para concellos como A Coruña, Oleiros e Arteixo,
desenvolvendo unha ampla experiencia na docencia con grupos de
persoas, diferentes idades e colectivos, sobre todo mulleres.
Son Julia e teño a gran sorte de dedicarme ás miñas dúas grandes paixóns: a arte e o acompañamento da creatividade na infancia.
Cando rematei Belas Artes descubrín, sen buscalo, a miña vocación como docente. Dende entón non deixei de investigar para ofrecer as mellores propostas creativas que apoien aos nenos e nenas no desenvolvemento do seu talento innato.
Estudei Educación Infantil e complementei a miña formación con diferentes cursos cunha mirada respectuosa á infancia, inspirándome sobre todo na observación dos nenos e nenas, pero tamén na Educación Creadora de Arno Stern, no enfoque Reggio Emilia ou no modelo Escuela Bosque, por exemplo. Dende alí fun desenvolvendo, ata hoxe, a miña propia maneira de transmitir o amor pola creación artística, coa gran axuda dos nenos e nenas cos que comparto obradoiro.
O meu nome é Gisela, e a arte ten formado parte da miña vida dende moi pequena. Se cadra polo temperamento máis introvertido e silencioso dos meus primeiros anos ou porque á miña nai gustábanlle moito as artesanías.
Gústame ver que a inspiración e a creatividade non sempre “nos atopa traballando”, no meu caso as grandes ideas naceron en momentos singulares e de desfrute como: respirando á beira do mar, vendo o amencer, escribindo para superar obstáculos, bailando nun concerto ou nunha conversa de corazón a corazón cunha amiga. Vivindo dámoslle vida ao arte.
Xa en primaria os meus pais anotáronme a diferentes obradoiros de arte ata que entrei ao Bacharelato de Artes e posteriormente entrei na Universidade de Artes na especialidade de pintura. Logo continuei a miña formación con diversos cursos, entre os cales o debuxo de retrato e escultura de bustos así como deseño de zapatos.
Todos estes coñecementos puídenos compartir con nenxs, adolescentes e adultos en colexios e talleres. E puídenos aplicar en ámbitos como a creación de Videoxogos educativos, produción de zapatos, organización de eventos culturais e pinturas murais colectivas. Asi como na miña obra na que actualmente experimento coa mestura de materiais para obter unha imaxe complexa e orgánica que exprese o mundo das emocións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario