Xa cumprimos o primeiro mes de clase, agora a seguir con enerxía aprendendo óleo, acuarela, acrílico, debuxo e todo o que necesitemos para facer medrar a nosa creatividade.
Os grupos abertos actualmente son:
Para adultos ( a partir de dez anos) mércores pola mañá e pola tarde e tamén os xoves de tarde e sábado pola mañá.
Os venres peque artistas a partir de seis anos e ata nove.
Xa empezamos os dous grupos de laboratorio creativo para mulleres bravas e soñadoras, cada un traballa un sábado pola tarde ao mes.
E as titorías individuais están en marcha, tan só hai que concretar previamente os obxectivos que queres acadar e establecer día e hora para quedar esa hora de titoría e avanzar con forza.
Acuarela nas clases de adultos, podes practicar distintas técnicas ata atopar a que máis se adapte a ti e ao teu momento. Podes pintar ao óleo ou facer colaxe ou probar técnicas mixtas.
Os sábados estamos a partir das 11:30 horas, a partir de dez anos podes asistir e iniciarte na pintura, mellorar o teu debuxo ou concretar cales son as túas aspiracións para deseñar o aprendizaxe a medida para ti.
Venres os peque artistas avanzan expresando e creando de maneira divertida acompañadxs por Julia ( @atelierconjulia)
Ningún comentario:
Publicar un comentario