Compártovos un novo obradoiro de colaxe para esta edición de Nocturnia: Colaxe Violeta!
Coñecer artistas que se expresen mediante o colaxe con unha visión crítica e feminista da sociedade será o punto de partida. Mediante a apropiación e reciclaxe de imaxes e textos que responden a estereotipos e cuestionando o uso da imaxe da muller na publicidade e espazos públicos compartiremos xuntas vivencias e sentires dende unha mirada violeta. Realizaremos un xogo en grupo relacionando imaxes e palabra, para sorprendernos e atopar inesperados resultados, cuestionaremos as imaxes que nos ofrecen os medios de comunicación.
Ao final levaraste para casa o teu colaxe ou colaxes violetas, fermosos e cheos de ideas :)
https://www.coruna.gal/juventud/es/nocturnia
Se tes dúbidas para anotarte contacta con nocturniacoruna@gmail.com ou escríbeme e eu tratarei de solucionarchas.
Aproveita este marabilloso programa para a mocidade de 12 a 30 anos cheo de actividades de calidade, variadas e gratuítas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario