Temos
talleres para todas as idades nas proximas semanas e así ofrecervos un
espazo para desenvolver toda a vosa creatividade . Como os talleres de
colaxe, son tres talleres independentes empezando o día 7 pola tarde,
entre festivos , unha oportunidade para refrescar a mente, divertirse de
maneira tranquila e reflexiva. Para maiores de 12 anos.
E lembrarvos que para os máis cativos da familia, a partir de seis anos Julia Aguiar e eu sumamos forzas para compartir unha semana de arte super especial: no Taller de Arte para pequeartistas máis creativos e expresivos: a semana do 26 ao 30 de Decembro. Toda a info aqui no blog ou escribindo a polotallerdepolo@gmail.com
Talleres de Colaxe:
Os días 7 de Decembro e 4 de Xaneiro teremos no tallerdepolo obradoiro de colaxe ( o día 21 colaxe no centro da cidade ;) , son talleres soltos-individuais, nos que imos desenvolver a nosa creatividade a base de cortar e pegar. Imos coñecer artistas que empregan o colaxe como medio de expresión e ver as moitísimas posibilidades que nos ofrece esta técnica que pode chegar a ser sorprendente e moi sofisticada. Faremos un xogo en grupo e realizaremos exercicios que nos introduzan na dinámica do colaxe para expresar as nosas ideas. Os materiais están incluídos no taller pero se tes tesoiras favoritas podes traelas. Ao final da xornada levarás a casa varios traballos que te sorprenderán. O prezo de cada obradoiro é de 25 euros, empezando ás cinco e ata as oito, tomando a tarde con calma , abstraéndonos e pasando un tempo de calidade xuntas-os .
O 21 de Decembro faremos o obradoiro de colaxe en San Andrés, colaborando co Feirón se Patrón, a un prezo especial nun ambiente festivo e rodeadxs de moita arte . Escríbeme para reservar praza en calquera deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario