Comezamos un novo curso no tallerdepolo; dende o 13 de Setembro ata o 26 de Xuño podes reservar a túa praza nun dos nosos grupos anuais (reserva de praza 20 € / menores de 18 non aportan matricula) , de luns a sábado e a partir de seis anos de idade. Os grupos son reducidos o que permite unha atención personalizada, adaptándonos a ti e aos teus obxectivos. Este horario é provisional e pode sufrir modificacións adaptándose ás vosas necesidades e en función de cada grupo. Infórmate canto antes!
Podes escribirme a polotallerdepolo@gmail.com ou chamar ao 617 293 024 para recibir máis información ou solventar as túas dúbidas sobre as clases.
O taller infantil está a cargo de Julia @atelierconjulia que empeza co seu grupo a partir de Outubro, nenas e nenos de seis a nove anos os venres pola tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario