domingo, 23 de maio de 2021

Semanas de collage, en Nocturnia e no tallerdepolo

 

Semanas adicadas ao colaxe, con un taller de Nocturnia de “Colaxe da Natureza” dentro do programa de ocio saudable para mocidade , con idades de entre 12 e 30 anos. Un programa máis necesario ca nunca, adicando tempo de calidade ás persoas máis novas que necesitan atención e estímulo nun momento en que o seu futuro semella “tambalearse”

E os sábados pola mañá, no tallerdepolo temos tamén un tempo precioso adicado á mocidade, para persoas a partir de dez anos de idade. Un tempo de expresión, de compartir descubrimentos e formarnos na expresión plástica, pensando dende xa nun futuro cheo de creatividade. O sábado achegámonos tamén ao colaxe, para algunhas por primeira vez, e veredes que fermosos traballos saíron de ámbalas dúas experiencias. 

 






 

Decirvos que o día 4 de Xuño imparto de novo taller en Nocturnia: Mail art “Free as a bird” vai ser un taller de arte postal súper chulo coa liberdade como protagonista , non o perdas!

E o día 18 de Xuño o “Taller súperpoderes de cómic” que será súper inspirador para medrar e sacar músculo de súper heroína ou súper heroe , achegándonos ao cómic de maneira divertida e accesible.

As inscricións están abertas o luns anterior na seguinte paxina e apúntate prontiño para non quedar sen praza, sabes que as actividade de nocturnia son gratuítas e de gran calidade e agora os aforos son limitados polo que estade atentxs!!

https://www.coruna.gal/juventud/es/nocturnia







Se te perdes Nocturnia tes no tallerdepolo arte plástica para todas as idades, e este verán tamén seguimos cos obradoiros!! Non hai excusa para deixar de aprender esa técnica que che gusta ou sentir todo o beneficio da creatividade que levas dentro :) 

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario