Nestes momentos de incerteza, e tras a corentena, síntome leda xa que o taller segue a aportar arte. É un espazo cheo de vida no que se comparten aprendizaxes que ilusionan e que miran cara adiante. Seguimos pintando, experimentando e debuxando en pequenos grupos nos que tamén compartimos o sentir e as emocións destes días.
Temos en marcha pequenos grupos de pintura, onde cada persoa pode explorar segundo como se sinta e en función dos obxectivos que cada estudante se marque. Un grupo de acuarela, expresión plástica para mocidade, debuxo e un grupo de laboratorio que se reúne unha vez ao mes. Tamén ofrecemos titorías individuais.
Se dubidas da túa capacidade creativa ou te sentes bloqueada; queres mirar cara adiante e buscar confianza e motivación pásate polo taller ou escríbeme e deseñamos xuntas un plan que te active.
Todo en grupos reducidos, e tendo en conta as medidas de seguridade fronte a covid 19
Ningún comentario:
Publicar un comentario